Saltar ao contido principal

Publicacións

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado poi
Publicacións recentes

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poderá explota

Tema 6 contexto. Programacións didácticas

Bo día a tod@s!  Dossier: Esta entrada tratará sobre o tema relativo ás programacións didácticas, onde vimos non só o seu proceso de deseño senón tamén os usos que delas deberemos facer. O primeiro subtema que abordamos foi a función que as programacións didácticas terán para nós no proceso de oposicións tanto para o ensino secundario como para o ensino nas EOIs, xa que deberemos elaborar unha programación completa, pero nun formato máis sinxelo do que o primeiro co que fomos familiarizados noutra materia. Saber que isto forma parte das diferentes probas das oposicións (das que tamén tivemos a oportunidade de falar co profesor en maior profundidade) creo que realmente tivo un impacto en termos de aprendizaxe significativa en nós, isto é, que nos axudou a verlle sentido e utilidade ao temario que forma parte do currículo deste mestrado. Ademais, realizamos unha actividade do tipo, think, write, pair and share para conducir as nosas preguntas sobre o tema e que puidesen converterse

Presentación final contexto

  As repercusións do inglés como ‘lingua franca’ na ensinanza de inglés como lingua estranxeira, é viable ou será viable nalgún momento o ensino de este inglés como lingua franca? (ELF vs EFL, Interlingua, ...) de Rita Garcia Miranda Ola a tod@s outra vez! Deixovos por aquí a presentación do meu traballo final da materia, cuxo propósito principal era colocar unha reflexión sobre a natureza cambiante das linguas e sobre o status que poden acadar á medida que as sociedades interactúan (e as implicacións por detrás desta realidade).

Ensino de español como lingua estranxeira pola Cruz Vermella

 Ola a tod@s! Para a miña entrada deste tema, relativo ao ensino e certificación de linguas estranxeiras de parte de diferentes institucións internacionais, quixen falarvos sobre a iniciativa da Cruz Vermella , unha serie de cursos gratuitos para persoas solicitantes de asilo/refuxio, que persoalmente atopo moi interesante, para alén de esencial. Trátase dunha labor voluntaria de ensino de castelán para persoas migrantes que chegan ao programa de acollida e dende o primeiro momento comezan a recibir estas aulas, o cal resultará fundamental para a súa inclusión no noso territorio. Cando unha persoa chega e necesita en moitos casos reconstruir a súa vida, precisará dominar a lingua das persoas ao seu redor, non só para conseguir e desempeñar unha profesión, senón tamén para construir unha rede social de apoio á súa volta, para alén da que a Cruz Vermella ofrece dende un inicio. Os cursos que a institución ofrece están regulados pola normativa do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social

A literatura no MCER

 Bo día compañeir@s! En relación ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, gustaríame retomar o tema da literatura, así como o seu papel na adquisición dunha lingua e no desenvolvemento das diferentes competencias que o MCER contempla para este proceso, que son a expresión, a comprensión, a interacción e a mediación. Sabemos que o texto literario pode apresentarse en moi diversas modalidades, canais de comunicación e pode servir a moi diferentes funcións. A nivel de comprensión, por exemplo, a lectura e intercambio grupal de opinións sobre unha obra de narrativa pode axudar ao noso estudantado a adquirir vocabulario e estruturas na lingua meta. A nivel de expresión e de interacción tal vez a preparación e escenificación dun guión teatral da literatura contemporánea axude a mellorar a fluidez e a perder certa timidez a nos comunicarmos na lingua que non dominamos.  Para alén disto, como xa referín en traballos anteriores, a cultura é parte esencial da adquisición dunha lingu