Saltar ao contido principal

Ensino de español como lingua estranxeira pola Cruz Vermella

 Ola a tod@s!



Para a miña entrada deste tema, relativo ao ensino e certificación de linguas estranxeiras de parte de diferentes institucións internacionais, quixen falarvos sobre a iniciativa da Cruz Vermella, unha serie de cursos gratuitos para persoas solicitantes de asilo/refuxio, que persoalmente atopo moi interesante, para alén de esencial.

Trátase dunha labor voluntaria de ensino de castelán para persoas migrantes que chegan ao programa de acollida e dende o primeiro momento comezan a recibir estas aulas, o cal resultará fundamental para a súa inclusión no noso territorio. Cando unha persoa chega e necesita en moitos casos reconstruir a súa vida, precisará dominar a lingua das persoas ao seu redor, non só para conseguir e desempeñar unha profesión, senón tamén para construir unha rede social de apoio á súa volta, para alén da que a Cruz Vermella ofrece dende un inicio.

Os cursos que a institución ofrece están regulados pola normativa do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e pretenden ser rápidos para garantir a participación do seu estudantado en actividades de formación profesional que lles outorguen autonomía o antes posible.

Tamén é importante apuntar que a Cruz Vermella conta para estes proxectos co apoio doutras institucións especializadas nesta área como o Instituto Cervantes, para os cursos tanto para persoas adultas como para nenos e nenas.

Concretamente con respecto ao curso impartido en 2021/22 en Segovia, cuxo programa atopei buscando información xeral, podemos ver que se trata dun temario enfocado á comunicación funcional na vida diaria, con contidos relativos a: saúdos e presentacións, cidade, transportes, compras, saúde, vivenda, emprego, documentos, familia e amizades e ocio. É, por tanto, un curso centrado no máis básico da expresión, comprensión e interacción orais e escritas co obxectivo de axudar ás persoas no seu proceso de inserción nos diferentes espazos da sociedade.

Considero especialmente importante que nós, como profesionais da docencia de linguas estranxeiras que iremos ser, coñezamos este tipo de iniciativas que dependen da colaboración voluntaria e que poden mudar a vida de moitas persoas nunha situación de especial vulnerabilidade. Por iso tamén vos deixo aquí o curso que atopei de formación de voluntari@s docentes para este tipo de actividades, cuxo prazo está aberto ata o día 19 deste mes.

Comentarios

  1. ¡Hola Rita!
    Tu entrada me ha parecido muy interesante y relevante. No conocía en absoluto esta información y me parece tan fundamental que todo el mundo la conociera, especialmente como tu misma indicas nosotros que somos profesionales en la docencia de lenguas. Esta iniciativa de la Cruz Roja es super importante, sobretodo porque se centra en la priorización de la enseñanza de aspectos básicos para que las personas migrates puedan interactuar en el nuevo entorno que viven.
    No puedo más que darte las gracias por visibilizar esto y ojalá tener la oportunidad algún día de ser participe de ello.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información ...

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poder...