Bom Natal! Ola a tod@s! Despois de termos completado a programación inicial do curso que vos presentei, traiovos o novo plan de actividades para este mes de decembro, cuxa temática será a festa mais sinalada do inverno en Portugal, o Natal. Para esta primeira actividade realizaredes unha entrevista en formato podcast por parellas, onde cada membro pasará polos dous roles, entrevistador/a e entrevistad@, sobre temas como os vosos plans para o Nadal, as tradicións desta festa na vosa familia, outra celebración que poidades comparar co Nadal se na vosa cultura non se celebra, o menú típico de Nadal na vosa casa, ou algún outro tema que me propoñades relacionado con este tema. Deberedes grabar a entrevista, cunha duración aproximada de 6 minutos en total, para o cal vos suxiro estas ferramentas , e compartila comigo para que vos devolva un feedback en termos de expresión lingüística. Despois, se todo o grupo está de acordo, poderemos xuntar as diferentes entrevis...