Saltar ao contido principal

Atividade 1 (Começa o Natal!)

 


Bom Natal! 

Ola a tod@s!

Despois de termos completado a programación inicial do curso que vos presentei, traiovos o novo plan de actividades para este mes de decembro, cuxa temática será a festa mais sinalada do inverno en Portugal, o Natal.

Para esta primeira actividade realizaredes unha entrevista en formato podcast por parellas, onde cada membro pasará polos dous roles, entrevistador/a e entrevistad@, sobre temas como os vosos plans para o Nadal, as tradicións desta festa na vosa familia, outra celebración que poidades comparar co Nadal se na vosa cultura non se celebra, o menú típico de Nadal na vosa casa, ou algún outro tema que me propoñades relacionado con este tema. Deberedes grabar a entrevista, cunha duración aproximada de 6 minutos en total, para o cal vos suxiro estas ferramentas, e compartila comigo para que vos devolva un feedback en termos de expresión lingüística. 

Despois, se todo o grupo está de acordo, poderemos xuntar as diferentes entrevistas e obter un interesante podcast "natalício" que reproduciremos o último día antes das vacacións, e que nos permitirá coñecernos mellor despois destas semanas que levamos xunt@s.

Comentarios