Saltar ao contido principal

Presentación final contexto

 

As repercusións do inglés como ‘lingua franca’ na ensinanza de inglés como lingua estranxeira, é viable ou será viable nalgún momento o ensino de este inglés como lingua franca? (ELF vs EFL, Interlingua, ...) de Rita Garcia Miranda

Ola a tod@s outra vez! Deixovos por aquí a presentación do meu traballo final da materia, cuxo propósito principal era colocar unha reflexión sobre a natureza cambiante das linguas e sobre o status que poden acadar á medida que as sociedades interactúan (e as implicacións por detrás desta realidade).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poder...

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado...