Bo día a tod@s! Dossier: Esta entrada tratará sobre o tema relativo ás programacións didácticas, onde vimos non só o seu proceso de deseño senón tamén os usos que delas deberemos facer. O primeiro subtema que abordamos foi a función que as programacións didácticas terán para nós no proceso de oposicións tanto para o ensino secundario como para o ensino nas EOIs, xa que deberemos elaborar unha programación completa, pero nun formato máis sinxelo do que o primeiro co que fomos familiarizados noutra materia. Saber que isto forma parte das diferentes probas das oposicións (das que tamén tivemos a oportunidade de falar co profesor en maior profundidade) creo que realmente tivo un impacto en termos de aprendizaxe significativa en nós, isto é, que nos axudou a verlle sentido e utilidade ao temario que forma parte do currículo deste mestrado. Ademais, realizamos unha actividade do tipo, think, write, pair and share para conducir as nosas preguntas sobre o tema e que puidesen convert...