Ola a tod@s! Para a miña entrada deste tema, relativo ao ensino e certificación de linguas estranxeiras de parte de diferentes institucións internacionais, quixen falarvos sobre a iniciativa da Cruz Vermella , unha serie de cursos gratuitos para persoas solicitantes de asilo/refuxio, que persoalmente atopo moi interesante, para alén de esencial. Trátase dunha labor voluntaria de ensino de castelán para persoas migrantes que chegan ao programa de acollida e dende o primeiro momento comezan a recibir estas aulas, o cal resultará fundamental para a súa inclusión no noso territorio. Cando unha persoa chega e necesita en moitos casos reconstruir a súa vida, precisará dominar a lingua das persoas ao seu redor, non só para conseguir e desempeñar unha profesión, senón tamén para construir unha rede social de apoio á súa volta, para alén da que a Cruz Vermella ofrece dende un inicio. Os cursos que a institución ofrece están regulados pola normativa do Ministerio de Inclusión, Seguridade So...