Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta tema 1

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poder...

Tema 1 Contexto (docente Carla)

 Bo día a tod@s! Para a miña entrada do primeiro tema, quixen abordar unha cuestión mencionada nas primeiras aulas, o papel da literatura e moitos outros aspectos culturais no ensino de linguas estranxeiras. Con ese propósito traballei coas ideas que Nuccio Ordine, autor que foi mencionado na aula e que eu descoñecía antes de preparar este texto, expón nas suas conferencias, como a que vos deixo debaixo, e no seu libro/manifesto A Utilidade do Inútil . Partiremos das ideas do autor, que concibe a finalidade do ensino como a formación de cidadá(n)s libres, cun papel activo no funcionamento da sociedade, e como o "perfeccionamento" da persoa a través do enriquecemento do seu espíruto con coñecemento, en oposición ao proceso de mercantilización do ensino que ameaza con destruír os saberes "inútiles", aqueles que non producen ou cuxa motivación intrínseca non é producir beneficios económicos ao sistema establecido.  Dentro deste marco de pensamento, argumentamos que o e...