Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta carla contexto

Presentación final contexto

  As repercusións do inglés como ‘lingua franca’ na ensinanza de inglés como lingua estranxeira, é viable ou será viable nalgún momento o ensino de este inglés como lingua franca? (ELF vs EFL, Interlingua, ...) de Rita Garcia Miranda Ola a tod@s outra vez! Deixovos por aquí a presentación do meu traballo final da materia, cuxo propósito principal era colocar unha reflexión sobre a natureza cambiante das linguas e sobre o status que poden acadar á medida que as sociedades interactúan (e as implicacións por detrás desta realidade).

Ensino de español como lingua estranxeira pola Cruz Vermella

 Ola a tod@s! Para a miña entrada deste tema, relativo ao ensino e certificación de linguas estranxeiras de parte de diferentes institucións internacionais, quixen falarvos sobre a iniciativa da Cruz Vermella , unha serie de cursos gratuitos para persoas solicitantes de asilo/refuxio, que persoalmente atopo moi interesante, para alén de esencial. Trátase dunha labor voluntaria de ensino de castelán para persoas migrantes que chegan ao programa de acollida e dende o primeiro momento comezan a recibir estas aulas, o cal resultará fundamental para a súa inclusión no noso territorio. Cando unha persoa chega e necesita en moitos casos reconstruir a súa vida, precisará dominar a lingua das persoas ao seu redor, non só para conseguir e desempeñar unha profesión, senón tamén para construir unha rede social de apoio á súa volta, para alén da que a Cruz Vermella ofrece dende un inicio. Os cursos que a institución ofrece están regulados pola normativa do Ministerio de Inclusión, Seguridade So...

A literatura no MCER

 Bo día compañeir@s! En relación ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, gustaríame retomar o tema da literatura, así como o seu papel na adquisición dunha lingua e no desenvolvemento das diferentes competencias que o MCER contempla para este proceso, que son a expresión, a comprensión, a interacción e a mediación. Sabemos que o texto literario pode apresentarse en moi diversas modalidades, canais de comunicación e pode servir a moi diferentes funcións. A nivel de comprensión, por exemplo, a lectura e intercambio grupal de opinións sobre unha obra de narrativa pode axudar ao noso estudantado a adquirir vocabulario e estruturas na lingua meta. A nivel de expresión e de interacción tal vez a preparación e escenificación dun guión teatral da literatura contemporánea axude a mellorar a fluidez e a perder certa timidez a nos comunicarmos na lingua que non dominamos.  Para alén disto, como xa referín en traballos anteriores, a cultura é parte esencial da adquisición du...

Política lingüística española no ensino das linguas oficiais

Ola a tod@s!  Para esta publicación quixen escoller un tema quizáis delicado, pero creo que moi importante, a ausencia das linguas cooficiais do estado español nas Escolas Oficiais de Idiomas (salvo casos excepcionais como Madrid ou Barcelona). Con esta reflexión procuro animarvos, como público a quen se dirixen os servizos públicos (valga a redundancia), a demandar o dereito que, considero, deberíamos ter a desfrutar das linguas que o estado en que nos vemos inseridos recoñece como propias. Tal e como indican os nosos apuntamentos, o Marco Común Europeo de Refrencia de Linguas, guía para o ensino de linguas nas EOIs: “Describe de forma integradora lo que tienen que aprender a hacer los estudiantes de lenguas con el fin de utilizar una lengua para comunicarse , así como los conocimientos y destrezas que tienen que desarrollar para poder actuar de manera eficaz. La descripción también comprende el contexto cultural donde se sitúa la lengua”. E a raiz desta cita eu pregúntome, non é...

Tema 1 Contexto (docente Carla)

 Bo día a tod@s! Para a miña entrada do primeiro tema, quixen abordar unha cuestión mencionada nas primeiras aulas, o papel da literatura e moitos outros aspectos culturais no ensino de linguas estranxeiras. Con ese propósito traballei coas ideas que Nuccio Ordine, autor que foi mencionado na aula e que eu descoñecía antes de preparar este texto, expón nas suas conferencias, como a que vos deixo debaixo, e no seu libro/manifesto A Utilidade do Inútil . Partiremos das ideas do autor, que concibe a finalidade do ensino como a formación de cidadá(n)s libres, cun papel activo no funcionamento da sociedade, e como o "perfeccionamento" da persoa a través do enriquecemento do seu espíruto con coñecemento, en oposición ao proceso de mercantilización do ensino que ameaza con destruír os saberes "inútiles", aqueles que non producen ou cuxa motivación intrínseca non é producir beneficios económicos ao sistema establecido.  Dentro deste marco de pensamento, argumentamos que o e...