Saltar ao contido principal

Política lingüística española no ensino das linguas oficiais

Ola a tod@s!

 Para esta publicación quixen escoller un tema quizáis delicado, pero creo que moi importante, a ausencia das linguas cooficiais do estado español nas Escolas Oficiais de Idiomas (salvo casos excepcionais como Madrid ou Barcelona). Con esta reflexión procuro animarvos, como público a quen se dirixen os servizos públicos (valga a redundancia), a demandar o dereito que, considero, deberíamos ter a desfrutar das linguas que o estado en que nos vemos inseridos recoñece como propias.

Tal e como indican os nosos apuntamentos, o Marco Común Europeo de Refrencia de Linguas, guía para o ensino de linguas nas EOIs: “Describe de forma integradora lo que tienen que aprender a hacer los estudiantes de lenguas con el fin de utilizar una lengua para comunicarse, así como los conocimientos y destrezas que tienen que desarrollar para poder actuar de manera eficaz. La descripción también comprende el contexto cultural donde se sitúa la lengua”. E a raiz desta cita eu pregúntome, non é igual de importante coñecer as linguas e culturas diferentes á nosa dentro e fora das fronteiras do estado? Os centros de ensino secundario inclúen a opción para a nosa mocidade de formarse en ata dúas linguas estranxeiras, pero nunca se contempla a posibilidade de que para, por exemplo, unha estudante galega, o euskera poida ser unha lingua estranxeira digna do seu interese, e que talvez debese ter o dereito a aprendela a través dos servizos públicos. Se o estado español reivindica na súa constitución unha pretensa unidade entre comunidades que poden ter linguas e culturas diferentes, creo que debería ser esencial para a súa cidadanía o coñecemento desas diferentes linguas e culturas para, como sinala o MCER, facilitar a comunicación, e, engado eu, a convivencia.

A propia idea base da creación do MCER é, como vimos nas aulas, facilitar a mobilidade en Europa, e parece incrible que resulte máis fácil aprender catalán en Alemaña do que en calquera autonomía española, demostrando que talvez aqui valoremos menos, en certa medida, as diferentes culturas con que convivimos do que aquelas sociedades externas que as descobren cando nos visitan.

Poño o exemplo do catalán porque no meu caso particular foi unha lingua ca que convivín na miña infancia e cuxo estudo non puiden retomar ata a universidade (grazas ao centro de linguas modernas da USC) en canto que si puiden desfrutar do estudo de linguas moito máis "distantes" coma o ruso, moito máis cedo na miña vida. E a pesar de valorizar enormemente as posibilidades que nos abre unha lingua moi distinta á nosa, paréceme moi triste que non sexa igual de valorizado o coñecemento dos nosos propios veciños.

Cunha ferramenta coma o MCER e unhas institucións coma as EOIs considero que poderíamos contribuír enormemente ao crecemento da convivencia democrática no estado español. E creo que é unha reflexión en consonancia coas novas propostas lexislativas en materia educativa, por exemplo a liberdade de escolla da lingua vehicular na educación para as comunidades autónomas:


Tamén, despois de entrar no referido coñecemento das linguas cooficiais, creo que o MCER, como ferramenta esencial para o ensino de linguas, pode ter un papel moi relevante na preservación de linguas non oficiais que tamén son propias de diferentes pobos que conforman o noso estado.



Así, do mesmo xeito que o asturiano truinfou recentemente na súa loita polo recoñecemento oficial (do que xa gozaba por exemplo en Portugal a súa variante mirandesa), o aranés desfruta do mesmo en toda Cataluña dende hai varios anos. Pero sabemos que se trata, no caso desta última, dunha lingua minoritaria cuxa protección non pasa unicamente pola oficialidade, senón esencialmente polo seu uso e ensino, motivo polo cal a comunidade de Cataluña reclama cada vez máis docentes desta lingua, daí o papel esencial do MCER como ferramenta para garantir ese ensino, que se espera garantirá á súa vez a pervivencia da lingua. Debemos lembrar, nesta liña, o caso do gaélico irlandés, con esta ligazón a unha entrada interesantísima dun blogue externo a esta materia que vos deixo aqui, e que explica como a recuperación dunha lingua que se daba por moribunda pasou esencialmente pola aprendizaxe da mesma por persoas para quen era unha lingua estranxeira, por culpa da aculturación provocada pola substitución lingüística imposta en Irlanda polo rexime colonizador inglés. 

Por isto considero esencial entender a utilidade de ferramentas coma o marco para o ensino de linguas á hora de colaborar na preservación de patrimonio lingüístico e cultural. Como ben exemplifica a metáfora de Noam Chomsky para defender e universalidade da linguaxe humana, que di que se un alieníxena viñese á Terra pensaría que todos falamos dialectos da mesma lingua, este patrimonio, embora diverso, debémolo entender coma propiedade de tod@s, e por tanto, coma responsabilidade colectiva a súa protección. 

Na miña opinión, a nivel indivivual, a mellor colaboración que podemos ofrecer é aprendermos e usarmos todas as linguas posibles.

Comentarios

  1. Ola, Rita! Acabo de ler unha entrada moi acertada... Nunca me parei a pensar na túa revendicación, mais tes toda a razón. Por que non podo estudar catalán en Galicia? ou euskera? Se me permites, quixera aportar algo máis: cando cheguei a Galicia, botei en falta a axuda necesaria para aprender o galego. Certo é que agora, e menos mal, xa existen moitos medios. Cando cheguei á Universidade de Vigo para cursar o Grao en Tradución e Interpretación, tiven que cursar o idioma galego (extranxeiro para min) no primeiro curso. Busquei por todos os xeitos a forma de empezar coa base nas EOI (demasiado tarde...), no Centro de Lingua (non había e segue sen haber), na ANL (daquela o desoñecía), etc. Ao final, tirei de carteira e fun a unha profesora particular e quen non pode, pois...
    Polo tanto, ogallá algunha institución lea a túa queixa e se poida facer algo ao respecto.
    Graciñas, obrigada, Rita :)

    ResponderEliminar
  2. Como extranjerа, probablemente no pueda sentirlo todo en la misma medida que los habitantes de España, pero puedo entender el enfado que provoca una clara desigualdad en las posiciones de las lenguas oficiales de las comunidades autónomas en comparación no solo con el castellano, pero también con lenguas extranjeras. Me parece ilógico que en cualquier centro de idiomas de Galicia puedas aprender inglés o francés, pero no hay oportunidad de aprender una o varias de las lenguas oficiales del país donde se imparten. Por otro lado, no puedo juzgar si esta situación tiene una base política o económica. ¿Es posible que los idiomas de las autonomías no tengan demanda entre los alumnos de fuera de estas autonomías y por tanto no se “recuperen” los gastos de realización de clases en el centro? Aunque en cualquier caso, dado que el gallego, el euskera, el catalán y el aranés tienen carácter oficial, estoy de acuerdo en que su estudio debería ser más apoyado por el estado en todo el país.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado...

Tema 6 contexto. Programacións didácticas

Bo día a tod@s!  Dossier: Esta entrada tratará sobre o tema relativo ás programacións didácticas, onde vimos non só o seu proceso de deseño senón tamén os usos que delas deberemos facer. O primeiro subtema que abordamos foi a función que as programacións didácticas terán para nós no proceso de oposicións tanto para o ensino secundario como para o ensino nas EOIs, xa que deberemos elaborar unha programación completa, pero nun formato máis sinxelo do que o primeiro co que fomos familiarizados noutra materia. Saber que isto forma parte das diferentes probas das oposicións (das que tamén tivemos a oportunidade de falar co profesor en maior profundidade) creo que realmente tivo un impacto en termos de aprendizaxe significativa en nós, isto é, que nos axudou a verlle sentido e utilidade ao temario que forma parte do currículo deste mestrado. Ademais, realizamos unha actividade do tipo, think, write, pair and share para conducir as nosas preguntas sobre o tema e que puidesen convert...

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poder...