A modo de dosier de actividades, este primeiro tema de deseño curricular caracterizouse, principalmente, por actividades de avaliación diagnóstica que nos permitiron retomar ideas e contidos vistos en materias previas, así como facilitar o seu enlazamento cos novos contidos, específicos do ensino de linguas estranxeiras. Así, predominaron os tests e cuestionarios, grupais e individuais, que para alén de medir os nosos coñecementos previos, tamén nos axudaron a afianzar os novos dun xeito dinámico, especialmente tendo en conta o carácter denso da materia lexislativa. Tamén houbo, naturalmente, unha parte expositiva de contidos teóricos, que se seguiu das nosas presentacións grupais, cuxa preparación aprofundou o noso coñecemento neses elementos e organización curriculares dos diferentes niveis e réximes educativos. No caso do grupo en que eu traballei, concretamente tivemos a oportunidade de abordar o ensino de linguas estranxeiras nos diferentes niveis de Formación Profesional, algo