Saltar ao contido principal

Pausa para o café!

 


Ola a tod@s!
Antes de comezarmos coas actividades que xa sabedes que vos vou pedir para este curso, quero deixarvos por aquí, a maiores, un vídeo que ademáis de servirvos para aprender vocabulario de pastelaría en portugués, tamén vos pode servir para preparar os deliciosos pastéis de nata que tanto nos gustan aos portugueses, e a todo o mundo! Espero que estes premios vos sirvan de fonte de motivación para aprender a lingua...
Unha aperta,
Rita

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información ...

Tema 1 Didáctica: Situacións e variábeis do ensino de LE

 Dosier:  Este tema, introdutorio da materia, aportounos nocións e definicións esenciais para comprendermos as diferenzas no ensino de linguas en función das características do noso alumnado, dos obxectivos do ensino, do contexto de aprendizaxe e uso, e mesmo da relación entre o alumnado e esas linguas. Como docentes de linguas estranxeiras debemos garantir que deseñamos un proceso de ensino-aprendizaxe centrado e adaptado ao noso estudantado, para o cal deberemos coñecer outras características do mesmo, como as súas linguas iniciais e segundas que, como vimos nas aulas, a partir dos 11 anos aproximadamente serven de filtro ao noso cerebro á hora de aprender linguas novas. Neste sentido, é interesante nada máis comezarmos as aulas de lingua estranxeira realizarmos un exercicio, que exemplificamos nas aulas, de reflexión e posta en común no grupo do repertorio lingüístico individual e conxunto. Este exercicio, para alén de aportar valiosa información á persoa docente, que poder...