Saltar ao contido principal

1 de Dezembro Dia da Restauração da Independência

 Bom dia!!

Visto que se achega o dia 1 de Dezembro, dia "feriado" en Portugal, creo que é a ocasión perfecta para compartir convosco un pouco de historia. Non vos dou moita información porque está toda no vídeo, que ademáis ten preguntas que deberedes responder mentres o vedes. Sorte!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información ...

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado...

Tema 6 contexto. Programacións didácticas

Bo día a tod@s!  Dossier: Esta entrada tratará sobre o tema relativo ás programacións didácticas, onde vimos non só o seu proceso de deseño senón tamén os usos que delas deberemos facer. O primeiro subtema que abordamos foi a función que as programacións didácticas terán para nós no proceso de oposicións tanto para o ensino secundario como para o ensino nas EOIs, xa que deberemos elaborar unha programación completa, pero nun formato máis sinxelo do que o primeiro co que fomos familiarizados noutra materia. Saber que isto forma parte das diferentes probas das oposicións (das que tamén tivemos a oportunidade de falar co profesor en maior profundidade) creo que realmente tivo un impacto en termos de aprendizaxe significativa en nós, isto é, que nos axudou a verlle sentido e utilidade ao temario que forma parte do currículo deste mestrado. Ademais, realizamos unha actividade do tipo, think, write, pair and share para conducir as nosas preguntas sobre o tema e que puidesen convert...