Saltar ao contido principal

Atividade 2 (O Natal Português)

 Ola outra vez!

Para a segunda actividade desta temática, despois de terdes falado sobre as vosas tradicións de Nadal, é hora de coñecerdes as tradicións portuguesas para estas datas. 

Con este propósito propóñovos esta pequena lectura resumo, de onde deberedes escoller un elemento en concreto, como o bolo-rei ou a missa do galo, para elaborar un pequeno texto, dunhas 300-400 palabras, que me entregaredes en formato dixital con algunha fotografía ou debuxo ilustrativo, semellante ao que atoparedes ao escanear este código QR, un póster de canva que xa coñecedes, só que o voso deberá conter máis texto:


Tamén vos quero deixar por aquí este exercicio de vocabulario de temática "natalina" mais universal (elaborado con imaxes de freepik)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información ...

Política lingüística española no ensino das linguas oficiais

Ola a tod@s!  Para esta publicación quixen escoller un tema quizáis delicado, pero creo que moi importante, a ausencia das linguas cooficiais do estado español nas Escolas Oficiais de Idiomas (salvo casos excepcionais como Madrid ou Barcelona). Con esta reflexión procuro animarvos, como público a quen se dirixen os servizos públicos (valga a redundancia), a demandar o dereito que, considero, deberíamos ter a desfrutar das linguas que o estado en que nos vemos inseridos recoñece como propias. Tal e como indican os nosos apuntamentos, o Marco Común Europeo de Refrencia de Linguas, guía para o ensino de linguas nas EOIs: “Describe de forma integradora lo que tienen que aprender a hacer los estudiantes de lenguas con el fin de utilizar una lengua para comunicarse , así como los conocimientos y destrezas que tienen que desarrollar para poder actuar de manera eficaz. La descripción también comprende el contexto cultural donde se sitúa la lengua”. E a raiz desta cita eu pregúntome, non é...

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado...