Saltar ao contido principal

Presentación de actividades e liña do tempo

 

Programação atividades de Rita Garcia Miranda

Ola grupo!!
Volvo por aquí para deixarvos esta liña do tempo coas actividades para as próximas sesións, de xeito que teñades tempo para prepararvos para os tipos de traballo que imos levar a cabo. Así tamén podedes ir pensando en amostras de literatura, música etc. que coñezades e poidades querer suxerir para traballarmos!
Unha aperta,
Rita

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tema 3 Didáctica: Estratexias de comunicación.

Dossier: Este tema abordou o que considero a parte máis esencial ou central do ensino dunha lingua estranxeira, as competencias que o noso alumnado deberá desenvolver e as actividades mediante as cales, como docentes, guiaremos ese proceso. Despois de termos seguido a evolución da clasificación das destrezas a desenvolver na aprendizaxe de linguas estranxeiras, coa división en "comprensión", "expresión", "interacción" e "mediación"e a relación entre elas, comezamos a aprender sobre o deseño de actividades orientadas ao desenvolvemento das mesmas.  En primeiro lugar, familiarizámonos ca mediación, aquela destreza que mobiliza todas as outras, como vimos nas aulas: A pesar de existiren varios tipos de mediación, en base a diferentes criterios, poderíamos resumila como a capacidade de trasladar unha información determinada dun emisor a un receptor, actuando como intermediari@s, que doutro xeito non poderían comunicarse (ben traducindo a información ...

Política lingüística española no ensino das linguas oficiais

Ola a tod@s!  Para esta publicación quixen escoller un tema quizáis delicado, pero creo que moi importante, a ausencia das linguas cooficiais do estado español nas Escolas Oficiais de Idiomas (salvo casos excepcionais como Madrid ou Barcelona). Con esta reflexión procuro animarvos, como público a quen se dirixen os servizos públicos (valga a redundancia), a demandar o dereito que, considero, deberíamos ter a desfrutar das linguas que o estado en que nos vemos inseridos recoñece como propias. Tal e como indican os nosos apuntamentos, o Marco Común Europeo de Refrencia de Linguas, guía para o ensino de linguas nas EOIs: “Describe de forma integradora lo que tienen que aprender a hacer los estudiantes de lenguas con el fin de utilizar una lengua para comunicarse , así como los conocimientos y destrezas que tienen que desarrollar para poder actuar de manera eficaz. La descripción también comprende el contexto cultural donde se sitúa la lengua”. E a raiz desta cita eu pregúntome, non é...

Presentación final contexto

  As repercusións do inglés como ‘lingua franca’ na ensinanza de inglés como lingua estranxeira, é viable ou será viable nalgún momento o ensino de este inglés como lingua franca? (ELF vs EFL, Interlingua, ...) de Rita Garcia Miranda Ola a tod@s outra vez! Deixovos por aquí a presentación do meu traballo final da materia, cuxo propósito principal era colocar unha reflexión sobre a natureza cambiante das linguas e sobre o status que poden acadar á medida que as sociedades interactúan (e as implicacións por detrás desta realidade).