Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2022

Política lingüística española no ensino das linguas oficiais

Ola a tod@s!  Para esta publicación quixen escoller un tema quizáis delicado, pero creo que moi importante, a ausencia das linguas cooficiais do estado español nas Escolas Oficiais de Idiomas (salvo casos excepcionais como Madrid ou Barcelona). Con esta reflexión procuro animarvos, como público a quen se dirixen os servizos públicos (valga a redundancia), a demandar o dereito que, considero, deberíamos ter a desfrutar das linguas que o estado en que nos vemos inseridos recoñece como propias. Tal e como indican os nosos apuntamentos, o Marco Común Europeo de Refrencia de Linguas, guía para o ensino de linguas nas EOIs: “Describe de forma integradora lo que tienen que aprender a hacer los estudiantes de lenguas con el fin de utilizar una lengua para comunicarse , así como los conocimientos y destrezas que tienen que desarrollar para poder actuar de manera eficaz. La descripción también comprende el contexto cultural donde se sitúa la lengua”. E a raiz desta cita eu pregúntome, non é igu

Tema 1 Contexto (docente Carla)

 Bo día a tod@s! Para a miña entrada do primeiro tema, quixen abordar unha cuestión mencionada nas primeiras aulas, o papel da literatura e moitos outros aspectos culturais no ensino de linguas estranxeiras. Con ese propósito traballei coas ideas que Nuccio Ordine, autor que foi mencionado na aula e que eu descoñecía antes de preparar este texto, expón nas suas conferencias, como a que vos deixo debaixo, e no seu libro/manifesto A Utilidade do Inútil . Partiremos das ideas do autor, que concibe a finalidade do ensino como a formación de cidadá(n)s libres, cun papel activo no funcionamento da sociedade, e como o "perfeccionamento" da persoa a través do enriquecemento do seu espíruto con coñecemento, en oposición ao proceso de mercantilización do ensino que ameaza con destruír os saberes "inútiles", aqueles que non producen ou cuxa motivación intrínseca non é producir beneficios económicos ao sistema establecido.  Dentro deste marco de pensamento, argumentamos que o e