Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2023

Tema 11 Didáctica: A avaliación

 Bo día a tod@s! A miña última entrada tratará o tema da avaliación na aula de linguas estranxeiras. O primeiro que quero comentar é algo que a nosa profesora sinalou nas aulas e que me chamou moito a atención, e é o feito de que a nova lei educativa, a LOMLOE, en que nos formamos as futuras e futuros docentes, é a lei que máis atención presta á avaliación. Ao longo dos últimos meses, como sabedes, estudamos a avaliación como parte esencial do proceso de ensino aprendizaxe, non só para coñecermos os seus resultados senón tamén para mellorarmos o seu propio deseño. Por esta razón parece evidente que, para mellorar o sistema educativo en xeral, o primeiro paso deba ser mellorar o seu sistema de avaliación, e de autoavaliación en concreto. As primeiras formas de avaliación que abordamos nas aulas foron as correccións e o feedback. Xa tiñamos visto que estas observacións ao traballo do alumnado deben ser sempre construtivas e nunca destrutivas, isto é, sinalar erros que o noso alumnado poi